Llanos

Modelo:Xeografía físicaLlanos
(es) Llanos Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoecorrexión da WWF Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°49′23″N 67°38′57″O / 6.82311, -67.64928
Características
Superficie375.787 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
ClimaNeotrópico Editar o valor en Wikidata
Paisaxe dos Llanos de Colombia.

Os Llanos son unha rexión do norte de Suramérica repartida entre Venezuela e Colombia, na conca do Orinoco.

É unha ecorrexión e ecosistema que forma parte do proxecto Global 200, que inclúe ecosistemas prioritarios para a conservación da Natureza do World Wide Fund for Nature (WWF).

Ten dúas estacións climatolóxicas ben marcadas, a estación de chuvia e a estación de seca, e caracterízase polas súas extensas sabanas, e o seu clima intertropical de sabana (na clasificación climática de Köppen, que é húmido e caloroso, exceptuando nos llanos altos, con clima máis suave), con altas temperaturas en xeral.

A rexión, por situarse no interior e, polo tanto, en ausencia de influencia marítima, permite unha maior amplitude térmica diaria que nas zonas costeiras; as temperaturas máis baixas rexístranse na época de chuvias, e polo tanto en agosto adoitan rexistrarse temperaturas máis baixas que en xaneiro, pero a amplitude térmica anual é, de todos os xeitos, pouco significativa en xeral.

A importancia económica dos Llanos débese a que esta é unha rexión apta para a gandería extensiva e para a agricultura. Tamén existe unha importante actividade petroleira nos estados venezolanos de Anzoátegui, Apure, Barinas, Guárico e Monagas, e nos departamentos colombianos de Arauca, Casanare, Vichada e Meta.

O principal ritmo musical dos Llanos é o joropo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne