Loa

A loa ("louvanza" ou "loanza") é un tipo de prólogo teatral, especialmente do Século de Ouro,[1] que pretende lograr o favor do público. Apareceron cos primeiros autos sacramentais e convertéronse logo en parte das obras seculares.

Na forma, estas pezas non presentan complexidade dramática, botándose en falta especificacións espaciais, temporais e elementos escénicos. Represéntanse diante do pano e en espazo neutro. Os seus personaxes son tipos convencionais coñecidos polo público, ou figuras alegóricas, caracterizadas por un mínimo de trazos.

A loa ten antecedentes xa na literatura dramática grega e romana. Cinco trazos, algúns coincidentes co entremés axudan a definir este xénero:

  • Brevidade: (2 a 12 minutos)
  • Dependencia: carácter preliminar, precede e introduce a obra principal.
  • Entretemento realizado con diversos recursos cómicos.
  • Pragmatismo: realiza os cometidos de exordio no discurso co fin de crear silencio, captar a benevolencia e suscitar o interese do público.
  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne