Loganair | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA LM | OACI LOG | Indicativo LOGAN |
Fundación | 1962 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Glasgow | |
Plan de voo frecuente | Clan Loganair | |
Frota | 27 | |
Destinos | 27 | |
Holding | Airline Investments Limited | |
Eslogan da compañía | Scotland's Airline | |
Sede | Paisley, Renfrewshire | |
Páxina web: https://www.loganair.co.uk/ |
Loganair Limited é unha aeroliña rexional escocesa fundada en 1962 co seu domicilio social no aeroporto de Glasgow en Paisley, Renfrewshire.[1] Loganair proporciona servizos para os voos de correo nocturno no nome de Royal Mail. Ademais da súa base principal no aeroporto de Glasgow, a compañía ten centros de conexións nos aeroportos de Edimburgo, Inverness, Dundee e Aberdeen. A aeroliña ten unha licenza de operador do Tipo A, que lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 ou máis asentos.[2]