Loquendo (nome que significa Locución, e pronunciado [Locuendo]) é unha empresa multinacional de tecnoloxía de software, coa súa sede en Turín, Italia. A empresa ofrece recoñecemento, síntese e verificación da voz e aplicacións de comprobación e identificación. Loquendo foi fundada en 2001 pola empresa Telecom Italia, tamén ten oficinas no Reino Unido, España, Alemaña, Francia e os Estados Unidos.
Os produtos de Loquendo pódense atopar nos GPS, sexan xa incorporados no coche ou portátiles, nos dispositivos para os discapacitados, teléfonos intelixentes, libros electrónicos, caixeiros automáticos con voz, vídeoxogos de ordenador, electrodomésticos controlados por voz e outros produtos.
Os seus produtos recibiron varios premios, incluíndo "Speech Engine Leader" entregado por "Speech Technologies" nos anos 2007, 2008 e 2009.[1] Tamén foi considerado por "Speech Technologies" o líder do mercado no 2009 e 2010.[2] O 30 de setembro de 2011, Nuance (un dos principais competidores de Loquendo) anunciou que adquiriu Loquendo[3].