Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | Lorca ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 98.334 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.676 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo e Río Guadalentín ![]() | ||||
Altitude | 353 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Clemente I ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Francisco Jódar Miguel Navarro Molina (1993–2006) Leoncio Collado Rodríguez (2006–2007) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30800 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 30024 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | lorca.es ![]() | ||||
![]() |
Lorca é unha cidade e concello español da Rexión de Murcia situado no sueste da Península Ibérica. Pertence á comarca do Alto Guadalentín. Ten 92.869 habitantes (INE 2011), sendo a terceira cidade en poboación da comunidade, tras Murcia e Cartagena. É o segundo municipio máis extenso de España, tras Cáceres, con 1.676 km².
Lorca é coñecida polo seu castelo, a súa arquitectura barroca e as súas procesións de Semana Santa, declaradas como Festa de Interese Turístico Internacional.
Grazas ao seu denso patrimonio heráldico é tamén chamada "a cidade dos cen escudos", nome que lle outorgou o antigo alcalde José Antonio Gallego, mentres que do seu nome orixinal (Eliocroca) toma o título de "cidade do sol". A súa zona vella e o recinto do castelo foron declarados conxunto histórico-artístico o 5 de marzo de 1964, sendo a primeira da Rexión de Murcia con esta distinción.
O 11 de maio de 2011, dous terremotos de 4,5 e 5,1 graos con epicentro na localidade deixaron un balance de 9 mortos, centos de feridos e notables danos materiais.[1]
O 31 de xaneiro de 2022 foi nova polo asalto ó seu concello no medio da polémica pola limitación das macrogranxas porcinas.[2]