![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1950 ![]() Lugano, Suíza ![]() |
Morte | 15 de maio de 2010 ![]() Montagnola, Suíza (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | leucemia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans ![]() |
Loris Kessel (nado o 1 de abril de 1950, finado o 15 de maio de 2010[1]) foi un piloto de competición de Suíza. Naceu en Lugano e morreu en Montagnola logo dunha longa enfermidade.
Participou en seis carreiras do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 2 de maio de 1976. Non obtivo ningún punto de campionato.
En 1976, conduciu un Brabham para o equipo RAM, e en 1977 pilotou o seu propio Apollon-Williams, aínda que este coche non foi un éxito.
Kessel dirixiu unha serie de concesionarios de coches en Suíza e o seu propio equipo de carreiras, competindo nas series Ferrari Challenge en Italia e a principal serie europea. O equipo tamén competiu no Campionato de Europa GT3 da FIA co mesmo coche.