Los Angeles Rams | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1936 Sede en Inglewood, CA | |||
| |||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||
American Football League (1936)
| |||
Uniforme actual | |||
Cores | Azul, branco, dourado | ||
Mascota | Rampage | ||
Cadro de persoal | |||
Propietario(s) | Stan Kroenke | ||
Director xeral | Les Snead | ||
Adestrador | Sean McVay | ||
Historia | |||
| |||
Alcume(s) | |||
Fearsome Foursome (1960s) The Greatest Show on Turf (1999–2001) The Mob Squad (2016–presente) | |||
Campionatos | |||
Títulos de Liga (3)
| |||
Conferencia (8)
| |||
División (21)
| |||
Estadios | |||
En Cleveland
En St. Louis
|
Los Angeles Rams son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano que compite na National Football Conference (NFC) da National Football League (NFL). A franquía ten a súa base na cidade de Ánxeles, no estado de California. Os Rams posúen tres títulos de campión da NFL, incluída unha Super Bowl, sendo o único equipo que gañou tres títulos tendo a súa sede en tres cidades diferentes: Cleveland en 1945, Os Ánxeles en 1951 e St. Louis en 1999. A franquía disputa os seus partidos como local en Los Angeles Memorial Coliseum.
Os Rams foron fundados en 1936 na cidade de Cleveland, Ohio. O primeiro propietario do club foi Homer Marshman, destacando entre os seus primeiros xogadores William "Bud" Cooper, Harry "The Horse" Mattos, Stan Pincura ou Mike Sebastian. Após gañar o título da 1945 da NFL, o equipo trasládase aos Ánxeles en 1946, optando por non competir cos Cleveland Browns da All-America Football Conference e pasando a denominarse Los Angeles Rams. Na cidade californiana o equipo xoga no Memorial Coliseum, aínda que entre 1980 e 1994 disputou os seus partidos no Anaheim Stadium da veciña cidade de Anaheim.
Despois da temporada de 1994 da NFL, os Rams deixan California para xogar en St. Louis, Missouri. Tan só cinco temporadas após o traslado, o equipo foi quen de gañar a Super Bowl XXXIV tras vencer por 23–16 ante os Tennessee Titans no Georgia Dome de Atlanta. Dous anos despois o equipo volve chegar á Super Bowl, aínda que esta vez perden ante os New England Patriots de Bill Belichick e Tom Brady por 20–17. Durante esas tres temporadas, o ataque dos Rams recibiu o alcume de "The Greatest Show on Turf" (do inglés: O maior espectáculo sobre o campo). O equipo xogou en St. Louis até o final da temporada 2015, regresando a franquía para a temporada 2016 aos Ánxeles.