Primeira temporada de Lost | |
---|---|
Tempada de Lost (serie de televisión) | |
Orixe | ![]() |
Nº de episodios | 25 |
Emisión | |
Canle orixinal | ABC |
Emisión orixinal | 22 de setembro de 2004 - 25 de maio de 2005 |
Cronoloxía |
A primeira tempada da serie de televisión Lost comezou a transmitirse o 22 de setembro de 2004 nos Estados Unidos e Canadá, acabando finalmente o 25 de maio do ano seguinte, cun total de 25 episodios. Nesta primeira tempada preséntase aos 48 sobreviventes do accidente de avión do voo 815 de Oceanic Airlines, e que os leva a unha misteriosa illa do Pacífico Sur. A través dos flashback explícase como chegou cada un deles a esa situación e móstrase por que reaccionan de determinado xeito ante as situacións que ás teñen que se enfrontaren. Ademais, prodúcense as primeiras interaccións entre eles introdúcense por primeira vez algúns dos enigmas da illa[1].
A primeira tempada emitíase tódolos mércores ás nove da noite nos Estados Unidos. Ademais dos 25 episodios regulares, un especial, Lost: The Journey, foi retransmitido o 27 de abril de 2005. A tempada lanzouse en DVD nunha caixa composta por sete DVD baixo o título de Lost: The Complete First Season o 6 de setembro de 2005[2].