Sexta temporada de Lost | |
---|---|
Tempada de Lost (serie de televisión) | |
Orixe | ![]() |
Nº de episodios | 18 |
Emisión | |
Canle orixinal | ABC |
Emisión orixinal | 2 de febreiro de 2010 - 23 de maio de 2010 |
Cronoloxía |
A sexta temporada da serie de televisión Lost comezou a transmitirse o 2 de febreiro de 2010 nos Estados Unidos e Canadá[1], acabando finalmente o 23 de maio dese mesmo ano[2], contando cun total de 18 episodios. Nesta sexta e última temporada continúase a historia dos sobreviventes do accidente de avión do voo 815 de Oceanic que os leva a unha misteriosa illa do Pacífico Sur. Os personaxes veranse en dúas realidades provocadas pola detonación dunha bomba nuclear na illa nos anos 70. Unha primeira realidade, a orixinal, e outra alternativa onde o voo 815 de Oceanic nunca tivo o accidente.