A loucura ou tolemia é un trastorno mental grave polo que unha persoa perde a razón[1]. No mundo occidental, a idea actual da loucura ten relación estreita coa de enfermidade mental, aínda que na linguaxe popular designa estados de ánimo arrebatados ou fóra do que se considera equilibrado. Porén, ó longo da historia a idea de loucura ten estado máis relacionada con transos místicos, prácticas máxicas ou supersticiosas ou mesmo con estados de exclusión social.