![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
A lousa[1] é unha rocha metamórfica formada pola compactación de arxilas, aparece en cor escura dividida en xistos, moi empregada nos tellados da provincia de Lugo. Está considerado como un dos materiais mais sostibles ambientalmente para as cubertas de edificios debido á súa mínima emisión de CO2 e consome menos auga que unha de cerámica.
España é o primeiro exportador do mundo desta pedra, obtidas nos xacementos do Bierzo, Valdeorras, Zamora e Badaxoz. Aínda que é Gales o país que máis exporta, competindo con Portugal, Italia, Estados Unidos e Alemaña. Brasil exporta unha rocha similar (a metalutita) de peor calidade ao exfoliar trala súa colocación.