Love | |
---|---|
Love en 1967 | |
Orixe | Os Ánxeles, |
Período | 1965 - 1996 2002 - 2005 2009 - presente |
Xénero(s) | rock psicodélico, folk rock, acid rock, pop psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | Elektra, Blue Thumb, Harvest, RSO, Rhino, Sundazed, Big Beat |
Membros | Johnny Echols Mike Randle David Green David Chapple Rusty Squeezebox |
Na rede | |
love-revisited.com | |
Love é unha banda estadounidense de rock formada nos Ánxeles o ano 1965. Liderado por Arthur Lee, o seu principal compositor, foi un dos primeiros grupos de rock estadounidenses racialmente diversos. O seu son incorporaba un ecléctico rango de estilos como garage, folk-rock, blues, jazz, e psicodelia.[1] Aínda que conseguiron só un éxito moderado nas listas de éxitos, chegando en 1966 ao Top 40 co tema "7 and 7 Is", Love chegou a ser lobado por críticos de todo o mundo cando o seu terceiro álbum, Forever Changes (1967), sendo considerado un dos mellores discos dos anos 60.
Considérase que a formación clásica da banda iestaba composta polo líder Lee, o guitarrista/vocalista Bryan MacLean, o baixista Ken Forssi, o guitarrista Johnny Echols, e o batería Alban "Snoopy" Pfisterer. En 1968 só quedaba Lee na banda, que continuou gravando como Love con outros músicos durante os anos 70. MacLean e Forssi morreron en 1998. Lee morreu en 2006. Forever Changes foi engadido ao Registro Nacional de Gravacións da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos en 2011.[2] En anos máis recentes o membro orixinal Johnny Echols xirou cos nomes de The Love Band ou Love Revisited.[3][4]