"Love Me Do" | |||||
---|---|---|---|---|---|
Canción de The Beatles | |||||
do Álbum Please Please Me | |||||
Lanzamento | Reino Unido - 5 de outubro de 1962 Estados Unidos - 27 de abril de 1964 | ||||
Formato | Sinxelo 7", 45 RPM | ||||
Gravada | 4 de setembro (versión sinxelo) e 11 de setembro (versión álbum) de 1962 — EMI Studios, Londres | ||||
Xénero musical | Rock and roll | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 2:22 | ||||
Discográfica | Parlophone (GBR) Tollie Records (USA) | ||||
Produtor(es) | George Martin | ||||
Escritor(es) | Lennon—McCartney | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«Love Me Do» é a primeira canción gravada polo grupo británico dos Beatles composta por John Lennon e Paul McCartney, principalmente por este último entre 1958 e 1959. A canción foi lanzada como sinxelo no Reino Unido, na súa primeira versión, o 5 de outubro de 1962, con «P.S. I Love You» ocupando a cara B do disco e figura no primeiro álbum de The Beatles, Please Please Me, comercializado o 22 de marzo de 1963. Alcanzou o n.º 17 nunha das listas británicas, sendo relanzado, xa na súa segunda versión, en 1982, alcanzando nesta ocasión o n.º 4. En Estados Unidos, que desde o principio editouse na súa segunda versión, o sinxelo foi n.º 1 en 1964.