Luar | |
---|---|
Presentado por | Xosé Ramón Gayoso Esther Estévez |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 30 de setembro de 1992 |
Na rede
| |
https://crtvg.gal/luar | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro[1] de 1992, presentado dende os seus inicios por Xosé Ramón Gayoso. É o segundo programa máis lonxevo da Televisión de Galicia, só por detrás do En xogo.