Lugh | |
---|---|
Membro da Tuatha Dé Dannan | |
![]() | |
Outros nomes | Lug |
Morada | Outeiro de Tara |
Armas | Gae Assail Fragarach Tathlum |
Animais | Failinis Enbarr |
Festivais | Lughnasadh Aonach Tailteann |
Información persoal | |
Pais | Cian Ethniu |
Consorte | Buí Nás Deichtine (mortal) |
Fillos | Ibic Ebliu Cú Chulainn (mortal) |
Lugh ou Lug é unha das máis senlleiras deidades da mitoloxía celta. Recibe o apelativo de samildanach, ou o 'múltiple artesán'. Tal denominación non é a dun deus supremo, senón a dun deus sen función específica, porque as ten todas. Xaora, trátase dunha divindade común a todos os pobos celtas que se pode atopar en boa parte dos panteóns desta cultura. O seu atributo é a lanza.
O seu nome é raramente atopado en inscricións, pero a súa importancia estriba en etnónimos (como os lugones) e nomes de lugares. A súa natureza e atributos dedúcense da iconografía das inscricións romano-celtas adicadas a Mercurio, que é considerado como unha identificación de Lugh. Ademais, coñécese máis información a través das narrativas cuasi-mitolóxicas de conatos posteriores, o irlandés Lugh Lámhfhada (Lugh do longo brazo) e o galés Lleu Llaw Gyffes (Lleu da man hábil).
É posible que Lugh fose unha deidade tripla, incluíndo a Esus, Teutates e Taranis, as tres grandes deidades mencionadas por Lucano.
A "morte tripla" nos sacrificios humanos dos celtas é posible que reflectise a tríade divina.