Luxo Jr. | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | John Lasseter |
Produtor | John Lasseter Bill Reeves |
Guión | John Lasseter |
Música | Chick Corea |
Estudio | Pixar Animation Studios |
Distribuidora | Pixar |
Estrea | 17 de agosto de 1986 (SIGGRAPH) 24 de novembro de 1999 (con Toy Story 2) |
Duración | 2min 18s |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Na rede | |
https://www.pixar.com/luxo-jr | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Luxo Jr. é o primeiro filme producido por Pixar Animation Studios en 1986, despois de se converter nun estudio cinematográfico independente. Trátase dunha curtametraxe de animación por ordenador que pretendeu demostrar as capacidades de produción da compañía. Tamén é, ademais, a primeira curta de Pixar estreada xunto a un dos seus filmes.
A curtametraxe é a orixe da pequena lámpada de escritorio saltarina que máis tarde sería o logo corporativo de Pixar.