Luxovios, latinizado como Luxovius é un deus celta das augas de Luxeuil, adorado na antiga Galia. É o consorte de Bricta. No santuario de auga termal de Lexeuil atopáronse evidencias da súa adoración con outras deidades, incluído o xinete do ceo que porta un disco solar, e Sirona, unha deusa asociada coas fontes.