![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xullo de 1922 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Morte | 20 de abril de 2020 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Oviedo ![]() |
Q89547790 | Códice Calixtino |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora, crítica literaria ![]() |
Membro de | Real Academia Galega (académica de número) (1996–2020) Real Academia Galega (membro correspondente) (1950–1996) ![]() |
Xénero artístico | Poesía, ensaio |
Familia | |
Cónxuxe | Eduardo Moreiras (1982–1991), morte Francisco Vázquez Ramudo (1944–década de 1980), divorcio ![]() |
Fillos | Gonzalo, Mónica e Luz Vázquez Pozo ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Gallegos Diccionario bio-bibliográfico de escritores ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao. Dende 1996 foi membro numerario da Real Academia Galega, ocupando o cargo de vicesecretaria de 1997 a 2001. En 2007 foi proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega para o Premio Nobel de Literatura. Os seus poemas foron traducidos ao castelán, portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.