MBB Bo 105 | |
---|---|
helicóptero utilitario lixeiro | |
Fabricante | Messerschmitt-Bölkow-Blohm (MBB) |
Primeiro voo | 16 de febreiro de 1967 |
Introducido | 1970 |
Produción | 1967-2001 |
Unidades construídas | máis de 1 500 |
O Messerschmitt-Bölkow-Blohm Bo 105 é un helicóptero lixeiro multipropósito de dous motores desenvolvido pola compañía alemá Bölkow de Ottobrunn. Mantén a distinción de ser o primeiro helicóptero lixeiro bimotor do mundo, e o primeiro en ser capaz de realizar manobras acrobáticas como loops invertidos.[1][2] O Bo 105 conta cun revolucionario sistema de rotor sen bisagras, no seu momento unha innovación pioneira no deseño de helicópteros.
As principais plantas de fabricación do Bo 105 atopábanse en Alemaña e o Canadá; debido ao nivel de vendas no exterior establecéronse novas plantas en España, Indonesia e Filipinas.[3] MBB pasou a formar parte de Eurocopter en 1991, que continuou a fabricación do helicóptero ata 2001. O modelo foi formalmente substituído en Eurocopter polo novo Eurocopter EC135, que foi desenvolvido a partir do Bo 105.