MBV | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de My Bloody Valentine | ||||
Publicado | 2013 | |||
Gravación | 1996-1997, 2007-2012 | |||
Duración | 46:37 | |||
Xénero(s) | shoegazing | |||
Selo(s) | Pickpocket | |||
Produtor | Kevin Shields | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
MBV é o terceiro álbum de estudio da banda irlandesa de rock alternativo My Bloody Valentine, publicado o 2 de febreiro do 2013 a través do selo Pickpocket Records. Producido polo vocalista e guitarrista da banda Kevin Shields, MBV é o primeiro álbum do grupo con material orixinal dende o Loveless de 1991.
Parte do disco foi gravado antes da separación de My Bloody Valentine en 1997, e gravacións adicionais realizáronse tras a reunión do 2007. A resposta da crítica a MBV foi positiva. Pitchfork Media situouno no posto 4 da súa lista dos mellores 50 álbums do ano 2013.[1] e en outubro de 2016 no número 14 da súa lista dos 50 mellores álbums de shoegaze de todos os tempos.[2]