MS-DOS | |
---|---|
Desenvolvedor | Microsoft |
Familia de S.O. | DOS |
Lanzamento | Agosto de 1981 |
En galego | Non |
Espazo de usuario | Interface texto |
Interface de usuario | Liña de comandos |
Modelo de desenvolvemento | Software propietario |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | Propietaria, Microsoft CLUF (EULA) |
Última versión estable | 8.01 14 de setembro de 2000 |
Estado actual | Descontinuado / Histórico (Vixente en Windows XP SP1 e superiores coma Símbolo do Sistema) |
Sucedido por | Microsoft Windows |
Sitio web | DOS overview |
MS-DOS (Microsoft Disk Operating System, Sistema operativo de disco Microsoft), foi o primeiro sistema operativo para o PC IBM. Foi lanzado co IBM PC en 1981 e tivo oito versións principais antes de que Microsoft detivese o seu desenvolvemento en 2000. Foi o produto clave na conversión de Microsoft dende unha compañía de linguaxe de programación ata unha firma de desenvolvemento de software.