MSDS

Exemplo dunha MSDS en formato norteamericano con información sobre como manipular substancias perigosas e a súa composición e propiedades.

Unha MSDS, ou folla de datos de seguridade dun material (do inglés Material Safety Data Sheet), é unha maneira de proporcionar datos das características dunha substancia en particular.

Proporciona datos da temperatura de fusión desa substancia, da súa temperatura de ebulición, da temperatura de inflamación, da súa reactividade, da súa toxicidade, efectos sobre a saúde, primeiros auxilios, precaucións ó manexala, modo de acción en caso de verteduras da mesma, maneiras de manipulala de xeito seguro, equipo a empreñar cando se manipula etc.

O formato exacto dun MSDS pode variar segundo a fonte. As MSDS son un sistema amplamente utilizado para a información e catalogación da información sobre produtos químicos. As MSDS poden incluír as instrucións para o uso seguro e os perigos potenciais asociados a un certo produto químico.

Estanse a empregar MSDS onde queira que se encontren produtos químicos. Tamén hai a obriga de etiquetar correctamente substancias en base ao seu comportamento fisicoquímico, a súa incidencia na saúde e o seu risco ambiental. As etiquetas inclúen símbolos do perigo, tales como a cruz de Santo André, unha cruz diagonal negra nun fondo laranxa, que se utiliza na Unión Europea para denotar unha substancia perigosa ou irritante.

As MSDSs para unha substancia non están pensadas para uso do consumidor en xeral, senón para os que fan un uso habitual desa substancia. Por exemplo, un MSDS para unha disolución de limpeza non é altamente pertinente para alguén que a utiliza unha vez ó ano, pero é extremadamente importante para alguén que fai uso dela nun espazo pechado 40 horas á semana.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne