O MVP da ACB, actualmente coñecido como MVP Movistar por motivos de patrocinio, é un premio outorgado pola Asociación de Clubs de Baloncesto ao mellor xogador da Liga ACB. Este galardón foi entregado por vez primeira na temporada 1991-92. Desde aquela, tan seis xogadores conseguiron gañar o premio en máis dunha ocasión: Darryl Middleton (3 veces), Arvydas Sabonis, Tanoka Beard, Luis Scola, Felipe Reyes e Nikola Mirotić (2 veces).[1] O gañador do trofeo está determinado por unha votación entre adestradores, xogadores, seareiros (por medio de votacións online) e os medios de comunicación.