Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Macau[1] (chinés tradicional: 澳門, chinés simplificado: 澳门, cantonés: Oumún, portugués: Macau), é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Estivo baixo a soberanía de Portugal ata o 20 de decembro de 1999. Está constituída por unha península e dúas illas (Taipa e Coloane), cunha superficie total de 28,2 km². Ten preto de 647.700 habitantes. Aínda que a soberanía lle pertenza á República Popular da China, Portugal segue administrando o territorio, seguindo a política de "Un país dous sistemas", ideada por Deng Xiaoping. Esta forma de goberno vai estar en vigor ata, como mínimo o ano 2049, 50 anos despois da transferencia de soberanía, data na que se producirá a transferencia de administración, pola que Macau pasará a ser administrada pola China. Non obstante, a lei básica de Macau garante que a transferencia da administración poderá demorarse a partir de 2049 tanto tempo coma os habitantes de Macau queiran seguir baixo a RAEM, e dicir, administrados por Portugal.