Macbeth | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 4 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Piave e Maffei |
Fontes literarias | Shakespeare: Macbeth |
Estrea | 14 de marzo de 1847 |
Teatro da estrea | Teatro della Pergola |
Lugar da estrea | Florencia |
Duración | 2 horas 45 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
Personaxes | |
Macbeth (barítono) |
Macbeth é unha ópera en catro actos e dez cadros con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave e Andrea Maffei, baseado na traxedia homónima de William Shakespeare, sendo a décima ópera de Verdi e a primeira das obras do dramaturgo inglés que adaptou para a escena operística. A súa estrea tivo lugar no Teatro della Pergola de Florencia o 14 de marzo de 1847. A ópera foi revisada para a súa estrea en Francia, que tivo lugar o 19 de abril de 1865 no Théâtre Lyrique de París.
Esta ópera está entre as máis representadas do repertorio, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. no posto n.º 31 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo la 19.ª en Italia e a novena de Verdi, con 123 representacións no período.