Magma | |
---|---|
Magma en 2017 | |
Orixe | París, Francia |
Período | 1969 - 1984 1996 - presente |
Xénero(s) | zeuhl, rock progresivo, avant-rock, art rock |
Selo(s) discográfico(s) | A&M, Musea Records, Philips, RCA, Seventh, Tomato, Utopia, Vertigo |
Membros | Christian Vander Stella Vander Isabelle Feuillebois Rudy Blas Hervé Aknin Francis Linon Simon Goubert Thierry Eliez Jimmy Top Caroline Indjein Sylvie Fisichella Laura Guarrato |
Na rede | |
http://www.magmamusic.org/ | |
Magma é unha banda francesa de rock progresivo fundada en París en 1969 polo batería con formación clásica Christian Vander, quen reivindicou como inspiración unha "visión do futuro espiritual e ecolóxico da humanidade" que o inquietou profundamente. No seu primeiro álbum, Magma, a banda conta a historia dun grupo de xente que foxe dunha condenada Terra para establecerse no planeta Kobaïa. Posteriormente xorde o conflito cando os Kobaïanos, descendentes dos colonos orixinais, atópanse con outros refuxiados da Terra. O estilo de rock progresivo que Vander desenvolveu con Magma chámase "zeuhl", e foi usado por outras bandas en Francia activas durante o mesmo período, e por algunhas bandas xaponesas recentes.[1]
Vander creou unha linguaxe ficticia, o Kobaïan, na cal se canta a mairía dos temas.[2] Nunha entrevista en 1977 con Vander e co vocalista da banda Klaus Blasquiz, Blasquiz dixo que o Kobaïan é un "idioma fonético feito con elementos de linguas eslavas e xermánicas para ser capaz de expresar musicalmente algunhas cousas. A linguaxe ten por suposto un contido, pero non palabra a palabra".[3] Álbums posteriores contan historias diferentes ambientadas en épocas máis antigas; porén, o Kobaïan mantense como unha parte integral da música.
En 1986 fundouse o selo francés Seventh Records para publicar material de Magma e de Vander. Ao longo dos anos, Seventh tamén editou álbums de artistas relacionados como Stella Vander, Patrick Gauthier, e Collectif Mu.[4]