Magnetosfera

A magnetosfera é a rexión atmosférica onde ocorren fenómenos magnéticos e alta condutividade atmosférica, causada pola ionización dos gases alcanzados por partículas cargadas, procedentes do Sol e doutras manifestacións físicas da alta atmosfera. A magnetosfera terrestre non é única no Sistema Solar e todos os planetas con campo magnético, Mercurio, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno posúen unha magnetosfera propia. Ganímedes, lúa de Xúpiter, ten un campo magnético, mais demasiado débil como para atrapar o plasma do vento solar. Marte ten unha moi débil magnetización superficial sen magnetosfera exterior.

As partículas do vento solar que son detidas, forman os cintos de Van Allen. Nos polos magnéticos, as zonas nas que as liñas do campo magnético terrestre penetran no seu interior, parte das partículas cargadas son conducidas sobre a alta atmosfera procucindo as auroras boreais ou austrais. Tales fenómenos aurorais foron tamén observados en Xúpiter e Saturno.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne