Maionesa

Ingredientes e utensilios para facer o mollo.

A maionesa ou salsa maionesa[1] é un mollo feito con xema crúa de ovo, sal e aceite, batidos até que espesan[2]. Ás veces engádenselle unhas pingas de limón. Crese que é orixinaria de Menorca (Illas Baleares - España). Tecnicamente é unha emulsión de aceite que se pode formar porque a xema do ovo contén lecitina que fai de emulsionante. Forma parte da cociña mediterránea (non da galega), aínda que hoxe aparece en todo o mundo.

  1. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Definición no Portal das Palabras Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. da RAG-

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne