Major League Baseball

Modelo:Competición deportivaMajor League Baseball
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoliga de béisbol Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorAAA (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes30 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónNova York (Nova York) 40°42′46″N 74°00′22″O / 40.7128, -74.0061 Editar o valor en Wikidata
PaísEstados Unidos de América e Canadá Editar o valor en Wikidata
Vixencia1869 –
1869 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaabriloutubro Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Número de edición144 Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos162 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialmlb.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: mlb Twitter: MLB Instagram: mlb Youtube: UCoLrcjPV5PbUrUyXq5mjc_A TikTok: mlb Editar o valor en Wikidata

A Major League Baseball (MLB, do inglés: Grandes Ligas de Béisbol ou Ligas Maiores de Béisbol) é unha organización de béisbol profesional con equipos nos Estados Unidos e o Canadá, a máis antiga do deporte profesional norteamericano. Un total de trinta equipos forman parte da organización, o cales compiten na Liga Americana (AL) e na Liga Nacional (NL). A NL e a AL foron fundadas como competicións independentes en 1876 e 1901 respectivamente. Aínda que a partir do ano 1903 comezaron a cooperar entre elas, mantivéronse como entidades legamente diferenciadas até a súa fusión no ano 2000 liderada polo Comisionado do Béisbol.[1][2] A organización tamén supervisa a Minor League Baseball (Ligas Menores), competición que comprende 256 equipos afiliados aos clubs das Grandes Ligas, a World Baseball Softball Confederation e o Clásico Mundial.

Aínda que xa había equipos de béisbol que pagaban en segredo aos seus xogadores, o primeiro equipo abertamente profesional foi fundado en Cincinnati en 1869. As primeiras décadas do béisbol profesional caracterizáronse pola rivalidade entre ligas e xogadores, os cales mudaban habitualmente dunhas a outras. O período anterior a 1920 foi coñecido como a "dead-ball era", xa que a consecución de home runs durante estes anos era moi rara. Neste período de tempo o propio béisbol profesional correu perigo de desaparecer debido ás conspiracións para o amaño de partidos, o cal estourou co escándalo dos Medias Negras nas Series Mundiais de 1919. Porén, durante os anos seguintes a popularidade deste deporte medrou considerablemente, sobrevivindo á Gran Depresión e á segunda guerra mundial. Pouco despois da guerra o béisbol axudou a romper a berreira da cor coa chegada de Jackie Robinson, xogador afroamericano, á Liga.

As décadas de 1950 e 1960 foron tempo de expansión das ligas. Chegaron novos equipos e estadios, o que levou a unha mudanza no xogo coa chegada céspede artificial (o primeiro parque de béisbol en utilizalo foi o Astrodome). Nos anos 1990 os home runs dominaban a liga, levando aos medio á sospeita polo uso de esteroides anabólicos, finalmente destapada a mediados da década dos 2000. De feito, unha investigación de 2006 implicou a gran cantidade de xogadores polo consumo destas substancias, incluíndo polo menos un xogador de cada equipo.

Hoxe, a MLB está composta por trinta equipos: vinte e nove estadounidenses e un canadense. Cada equipo xoga 162 partidos por temporada, clasificánose cinco equipos de cada liga aos Playoffs, onde se xogan catro roldas que culminan nas Series Mundiais, unha eliminatoria ao mellor de sete partidos que enfronta aos campión de cada liga desde 1903. Hoxe en día os partidos de béisbol son retransmitidos por radio, televisión e Internet en Norteamérica e en moitos outros países todo o mundo. A MLB é a competición deportiva mundial con maior número de espectadores nos estadios, cun total de 73 millóns de asistentes en 2015.[3]

  1. "Year In Review: 2000 National League". Baseball-Almanac.com. Consultado o 13 de marzo de 2019. 
  2. Chass, Murray (16 de setembro de 1999). "BASEBALL; League Presidents Out As Baseball Centralizes". The New York Times. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  3. Brown, Maury. "MLB Sees Nearly 73.8 Million In Attendance For 2015, Seventh-Highest All-Time". Forbes.com. Forbes. Consultado o April 19, 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne