Mako Mermaids | |
---|---|
Formato | Xuvenil, fantasía |
Creado por | Jonathan M. Shiff |
Dirixido por | Evan Clarry Grant Brown |
Intérpretes | Lucy Fry Amy Ruffle Ivy Latimer Chai Romruen Issi Durant Allie Bertram Gemma Forsyth Alex Cubis |
Tema de apertura | "I Just Wanna Be" por Chantelle Defina e Jack Dacy |
Tema de peche | "I Just Wanna Be" por Chantelle Defina e Jack Dacy |
País de orixe | Australia |
Lingua(s) | Orixinal en inglés, dobrada ó castelán e outros. |
Temporadas | 3 |
Episodios | 68 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Jonathan M. Shiff Julia Adams |
Duración | 24 min |
Distribuidor | ZDF Enterprises |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Network Ten |
Primeiro episodio | 26 de xullo do 2013 |
Derradeiro episodio | 27 de maio do 2016 |
Na rede | |
http://tenplay.com.au/channel-eleven/mako-island-of-secrets | |
[ editar datos en Wikidata ] |
“Mako Mermaids: An H2O Adventure” (Netflix), “Mako: Island Of Secrets” (en Australia) ou mundialmente coñecida como “Mako Mermaids” (traducido ó galego como “As sereas de Mako”) é unha serie de aventuras para nenos e adolescentes. Xurdiu como un spin-off de H2O: Just Add Water, estreada orixinalmente o 26 de xullo do 2013 en todos os territorios de Netflix e en Australia pola cadea Network Ten. A súa estrea en España foi no 28 de outubro do 2013 en Disney Channel. A segunda tempada empezouse a filmar en febreiro do 2014, e a súa estrea foi no 13 de febreiro do 2015 os 13 primeiros episodios en todos os territorios de Netflix, e no 29 de maio os 13 episodios restantes. Os episodios da terceira tempada estreáronse no 27 de maio do 2016 tamén en Netflix, e a serie rematou. A serie tivo tres tempadas, as dúas primeiras con 26 episodios e a derradeira con 16. Está planeada unha película para estrearse proximamente, que dará fin á serie.