Himno | La Balanguera ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Baleares ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 914.564 (2022) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá lingua castelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Diocese | Diocese de Mallorca (pt) ![]() ![]() | ||||
Superficie | 3.620 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Punto máis alto | Puig Major (1.436 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Inmaculada Concepción e Afonso Rodrigues (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Consello Insular de Mallorca (Escano: 33) ![]() | ||||
Código NUTS | ES532 ![]() | ||||
Sitio web | conselldemallorca.cat ![]() | ||||
![]() |
Mallorca (do latín medieval Maiorica, 'a maior'; en latín clásico insula maior, 'illa maior') é unha illa española, a maior das Illas Baleares, situada no mar Mediterráneo. Do mesmo xeito que Menorca e Eivissa, Mallorca é un destino turístico importante. Ten 3.625'75 km² e 790.763 habitantes (2006) (densidade: 218,09 hab./km²).
A capital da illa, e tamén da comunidade autónoma das Illas Baleares, é Palma, tamén coñecida como Ciutat ('Cidade') polos habitantes da "part forana", a parte da illa que non é a capital. O arquipélago de Cabrera pertence administrativamente ao municipio de Palma.