Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 520 Llancarfan (Kingdom of Glywysing) |
Morte | 15 de novembro de 621 (101 anos) Archingeay (Ducado de Aquitania) |
Bispo Aleth (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Profesores | Brandán e Aarão de Aleth (pt) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 15 de novembro |
San Malo (tamén coñecido como Maclou; en latín, como Maclovius ou Machutus; 27 de marzo de 520 - 15 de novembro de 621) foi, no século VI, o fundador da cidade de Saint-Malo, na Bretaña, Francia. É un dos sete santos fundadores da Bretaña.
Detalles da carreira de Malo presérvanse en tres historias medievais, que parecen incluír incidentes asociados con varias persoas diferentes de nomes semellantes. A pesar desa confusión, parece que Malo naceu por volta do ano 520, provabelmente no País de Gales.
O seu nome pode derivar de machlou, da lingua bretoa antiga, un composto de mach - "garantía, refén" - e lou (ou loh) - "brillante, bonito".[1]