Mamonas Assassinas | |
---|---|
Orixe | Guarulhos, Estado de São Paulo, ![]() |
Período | (Utopia) 1990 - 1994 (Mamonas Assassinas)1995–1996 |
Xénero(s) | Música rock |
Selo(s) discográfico(s) | EMI |
Membros | Dinho Bento Hinoto Júlio Rasec Samuel Reoli Sérgio Reoli |
Artistas relacionados | Utopia |
Na rede | |
Páxina oficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Mamonas Assassinas foi unha banda brasileira de rock cómico formada en Guarulhos en 1990, que nun comezo tiña o nome de Utopia. O seu son era unha mestura de punk rock con influencias de xéneros populares, como o forró (Jumento Celestino), a brega (Bois Don't Cry), o heavy metal (Débil Metal), o pagode (Lá Vem o Alemão), música mexicana (Pelados em Santos), reggae (Onon Onon) e vira (Vira-Vira). A carreira da banda, co nome de Mamonas Assassinas, durou de xullo de 1995 até o 2 de marzo de 1996 (pouco máis de 7 meses). Tiveron un éxito meteórico. Cun único álbum de estudio, Mamonas Assassinas, lanzado en xuño de 1995, o grupo vendeu máis de 3 millóns de copias no Brasil, sendo certificado como disco de diamante comprobado pola ABPD.[1] Con letras humorísticas, o álbum lanzou ós "Mamonas" ó estrelato nacional. Porén, en marzo de 1996, no auxe da carreira, a banda foi vítima dun accidente aéreo sobre a Serra da Cantareira, o que ocasionou a morte de todos os seus integrantes.[2]