Man's Ruin Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1994 |
Data de disolución | 2001 |
Fundador(es) | Frank Kozik |
Sede | San Francisco |
País | Estados Unidos de América |
[ editar datos en Wikidata ] |
Man's Ruin Records foi un selo discográfico independente estadounidense fundado e dirixido polo artista Frank Kozik. Despois do lanzamento do primeiro disco de Man's Ruin en 1994, titulado Experimental Audio Research (EAR): Delta 6, Kozik traballou con artistas aos que quería editar; tamén deseñou todas as carátulas dos lanzamentos. O catálogo do selo é moi amplo e inclúe dende bandas relativamente famosas, como The Hellacopters, Nebula, Kyuss, High on Fire, Entombed, Turbonegro, Queens of the Stone Age e The Sex Pistols, ata descoñecidas como FuckEmos, Soulpreacher, Angelrot e Los Cowslingers. Oficialmente o selo desapareceu no ano 2002.