![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Manchester United | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Nome | Manchester United Football Club | |||
Alcume(s) | Red Devils | |||
Fundación | 1878 | |||
Estadio | Old Trafford, Manchester![]() | |||
Inauguración | 1910 | |||
Capacidade | 74.789 | |||
Propietario | Familia Glazer | |||
Presidente | ![]() | |||
Adestrador | ![]() | |||
Liga | Premier League | |||
2022-2023 | 3º | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | TeamViewer | |||
Na rede | ||||
http://www.manutd.com/ | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
| ||||
O Manchester United Football Club é un club de fútbol da Premier League inglesa que xoga os seus partidos en Old Trafford no Gran Manchester. O equipo foi fundado como Newton Heath en 1878, uníndose á Football League en 1892 e xogando na primeira categoría do fútbol inglés dende 1938, coa excepción da temporada 1974-75. É considerado como un dos máis populares do mundo,[1] debido a que conta con máis de 659 millóns de seguidores a nivel internacional,[2][3] e tendo a media de asistencia máis alta aos seus partidos do fútbol inglés nos últimos 50 anos.[4]
O Manchester United é o actual campión inglés, gañando o título da Premier League no ano 2008-09, sendo así un dos clubs ingleses máis exitosos da historia, gañando dende a chegada do actual adestrador, Alex Ferguson, en novembro de 1986 vinte e dous títulos importantes. En 1968, foi o primeiro equipo inglés en gañar a Copa de Europa, batendo ao Benfica por catro goles a un. En 1999 converteuse no único equipo en gañar a UEFA Champions League, a Premier League e a FA Cup nun mesmo ano, volvendo a gañar en 2008-09 por terceira vez o máximo galardón do fútbol europeo de clubs. O Manchester é tamén o equipo con máis títulos da liga inglesa, dezaoito, e con máis FA Cup, once.[5] Dende finais dos anos 1990 converteuse nun dos máis ricos do mundo, tendo máis ingresos que ningún outro club de fútbol,[6] e é actualmente o club máis rico e valioso de todo o mundo do deporte, cun valor estimado de 1 319 millóns de euros (abril de 2009).[7]