Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1951 Waiblingen, Alemaña |
Morte | 12 de agosto de 1985 (33 anos) Toronto, Canadá |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Fillos | Markus Winkelhock |
Irmáns | Joachim Winkelhock Thomas Winkelhock |
Manfred Winkelhock, nado en Waiblingen, Baden-Württemberg (Alemaña) o 6 de outubro de 1951 e finado en Bowmanville, Ontario, o 12 de agosto de 1985,[1] foi un piloto de carreiras alemán. Participou en 56 Grandes Premios de Fórmula 1 (con 47 saídas) entre 1980 e 1985, pilotando para Arrows, ATS, Brabham e RAM Racing, cun mellor resultado dun quinto posto no Gran Premio do Brasil de 1982. É o irmán máis vello de Joachim e Thomas Winkelhock e pai de Markus Winkelhock, que tamén son pilotos de carreiras.