![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1961 ![]() París, Francia ![]() |
Residencia | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, compositor, artista urbano ![]() |
Período de actividade | 1980 ![]() |
Xénero artístico | Reggae, ska, world music e música de América Latina ![]() |
Influencias | |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Selo discográfico | Virgin Records ![]() |
Familia | |
Irmáns | Antoine Chao ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | manuchao.net ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Manu Chao, nado como José-Manuel Thomas Arthur Chao o 21 de xuño de 1961 é un músico e compositor francés, de familia galega. É coñecido por cantar en varias linguas como francés, español, inglés, italiano, árabe, galego e portugués, e ocasionalmente noutras linguas. Chao comezou a súa carreira musical en París, tocando con grupos como Hot Pants e Los Carayos, que combinaba gran variedade de linguas e estilos musicais. Xunto con amigos e co seu irmán Antoine Chao, fundou a banda Mano Negra en 1987, acadando un éxito considerable, particularmente en Europa. Comezou a súa carreira en solitario en 1995, e dende entón fai xiras regularmente coa súa banda de directo, Radio Bemba.