Manuel Antonio

Modelo:BiografíaManuel Antonio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel Antonio Pérez Sánchez Editar o valor en Wikidata
12 de xullo de 1900 Editar o valor en Wikidata
Rianxo, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xaneiro de 1930 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Asados, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1021640 Bitraga: 1451 BUSC: manuel-antonio-1900-1930

Manuel Antonio Pérez Sánchez, máis coñecido como Manoel Antonio ou Manuel Antonio, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego en lingua galega, o máximo representante do movemento vangardista na literatura galega. Asistiu á II Asemblea Nacionalista en Compostela (1919), á III en Vigo (1921) e á IV en Monforte[1] (1922). Mantivo arreo fortes conviccións, intentando casar o anarquismo individualista co galeguismo independentista[2][3] e chamou á defensa radical do monolingüismo[4] en galego. En 1922 publicou, xunto a Álvaro Cebreiro, o manifesto vangardista "Máis alá!", crítico coa literatura que consideraba retrógrada e propia doutras épocas. Participou no consello de redacción da revista Ronsel.

En vida unicamente publicou o poemario De catro a catro (17 de marzo de 1928), obra fundamental[4] na lírica galega do século XX. Este libro foi concibido durante as súas travesías polo Atlántico e o Mediterráneo, como piloto de navío en prácticas no pailebote Constantino Candeira. Escribiu tamén Con anacos d´o meu interior, Foulas, Sempre e mais dispois e Viladomar, publicados postumamente, en 1972, baixo o título Poesías I,[5] nunha edición de Domingo García-Sabell.

Entre as súas influencias literarias[6][7] estiveron Vicente Huidobro, Gerardo Diego, Arthur Rimbaud, Jules Supervielle e Guillaume Apollinaire. Tamén estivo atento ás repercusións culturais[8] das novas teorías científicas (coma a Teoría da Relatividade[9] de Einstein).

Encádrase habitualmente a figura e a obra de Manuel Antonio na chamada Xeración de 1925, que outros estudosos definen como Novecentistas[6], Xeración de 1922[10] ou tamén Vangarda plena.[11]

Foille dedicado o Día das Letras Galegas no ano 1979.

  1. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome REBELDIA
  2. Méndez Ferrín, X.L. (16/4/2011). "Os nobres vestixios: Manuel Antonio - No fondo dos espellos". El Sábado - Faro de Vigo (704). 
  3. Castro, R. (2017-07-29). ""A ideoloxía de Manuel Antonio é a do independentismo nacionalista, do arredismo"". Nós Diario. Consultado o 1/9/2022. 
  4. 4,0 4,1 Méndez Ferrín, X. L. (1990). De Pondal a Novoneyra (2. ed ed.). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-460-X. OCLC 64450729. 
  5. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :2
  6. 6,0 6,1 Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea (2ª ed.). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-7154-227-4. OCLC 2019432. 
  7. Salgado, Daniel (2010-11-19). "Manuel Antonio liberado". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-09-06. 
  8. "Manuel Antonio e a teoría da relatividade". Real Academia Galega. Consultado o 2022-09-06. 
  9. "Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral". consellodacultura.gal (en inglés). Consultado o 2022-09-06. 
  10. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :8
  11. Pena, X. Ramón (2013-<2019>). Historia da literatura galega ? (1a edición ed.). Vigo. p. 249. ISBN 978-84-9914-551-8. OCLC 871573716. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne