![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1809 ![]() Esgos, España ![]() |
Morte | 14 de decembro de 1863 ![]() Ceuta, España ![]() |
Causa da morte | cancro de estómago ![]() |
Outros nomes | Sacaúntos Lobishome de Allariz Antonio Gómez Hombre Lobo ![]() |
Altura | 137 cm ![]() |
Cor do pelo | Louro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Xastre, vendedor ambulante |
Outro | |
Condenado por | asasinato ![]() |
![]() |
Manuel Blanco Romasanta, nado no Regueiro (Santa Olaia de Esgos, Esgos, Ourense) o 18 de novembro de 1809 e finado en Ceuta o 14 de decembro de 1863, foi o primeiro asasino en serie galego documentado, coñecido co alcume do lobishome de Allariz, ou o do unto. Ó ser detido en 1853, Romasanta admitiu ter cometido trece asasinatos, mais argüíu non ter responsabilidade porque o fixera baixo os efectos dunha maldición que o convertía nun lobo, recuperando a forma humana tralos asasinatos. Malia que esta súa defensa foi rexeitada no xuízo, a Raíña Isabel II conmutou a sentenza de morte pola de cadea perpetua para permitir ós doutores investigalo como un exemplo de licantropía clínica, se ben non consta que ningún médico o examinara con tal fin.
O proceso xudicial tivo ampla repercusión na época e foi recollido en diferentes periódicos galegos, nacionais e estranxeiros. A causa consérvase no Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña) e está formada por 1878 folios. Foi dixitalizada polos irmáns Castro Vicente e existe unha Reseña da causa publicada polo seu avogado defensor Manuel Rúa Figueroa en 1859.[1]