Mar Amarelo

Modelo:Xeografía físicaMar Amarelo
(zh-cn) 黄海
(ko) 황해 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomar Editar o valor en Wikidata
EpónimoAmarelo Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaRepública Popular da China, Corea do Norte e Corea do Sur Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°N 123°L / 35, 123
Afluentes
Características
Profundidade152 m Editar o valor en Wikidata
Superficie380.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico17 km³ Editar o valor en Wikidata

O mar Amarelo ou Mar Occidental é a parte norte do mar da China, que á súa vez é un mar menor do océano Pacífico. Atópase entre a China continental e a península de Corea. O seu nome provén das partículas de area que lle dan esa cor característica e que chegan do río Amarelo.

A baía máis interior do mar Amarelo recibe o nome de mar de Bohai (antes coñecido coma baía de Pechihli ou baía de Chihli). Aquí desembocan o río Amarelo (a través da provincia de Xandón e a súa capital Jinan) e o Hai He (a través de Beixín e Tianxín).

A baía de Liaodón, entre a provincia chinesa de Liaonín e o noroeste de Corea do Norte tamén fai parte do mar Amarelo. O mar de Bohai e a baía de Liaodón están separados pola península de Liaodón, con Dalian no seu punto máis ó sur.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne