Tipo | mar marxinal internal sea (en) ![]() mar interior ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | branco ![]() | ||||
Parte de | Océano Ártico ![]() | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Rusia ![]() | ||||
División administrativa | Rusia ![]() | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Barents ![]() | ||||
Composto por | White Sea Throat (en) ![]() Golfo de Onega (pt) ![]() Golfo de Kandalaksha (pt) ![]() Baía de Mezen (pt) ![]() Baía do Dvina (pt) ![]() ![]() | ||||
Características | |||||
Profundidade | 330 m ![]() | ||||
Superficie | 90.800 km² ![]() | ||||
Sitio Ramsar | |||||
Golfo de Kandalaksha (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Medicións | |||||
Volume físico | 4.400 km³ ![]() | ||||
O mar Branco (en ruso, Бе́лое мо́ре [Biéloye more]); en finés, Vienanmeri) é un extenso golfo do mar de Barents (no océano Glacial Ártico), localizado na costa noroeste de Rusia. Atópase limitado pola península de Kanín ao nordeste, por Carelia ao oeste e pola península de Kola ao norte. Ten unha superficie aproximada duns 95.000 km2. A maioría do ano atópase xeado.
O mar Branco ten catro grandes golfos ou baías no seu interior: na parte máis exterior, a baía de Mezén ao leste; no tramo interior as outras tres, a baía de Dviná ao sueste, o golfo de Onega ao sur e o golfo de Kandalakcha ao noroeste. No seu interior hai moitas illas, as maiores e máis importantes son a illa Morzhóvets e as illas Solovetsky, cun conxunto que foi declarado patrimonio da Unesco.
O porto de Arkhánguelsk, no fondo da baía de Dviná, é o porto máis importante do mar Branco e ademais, durante gran parte da historia de Rusia, foi o seu principal centro de comercio marítimo internacional. Na actualidade é unha base naval e de submarinos.
A canle Mar Branco-Báltico conecta o mar Branco co mar Báltico.
Todo o mar Branco son augas territoriais baixo soberanía rusa, bañan as súas augas a República de Carelia, a Óblast de Arkhanguelsk e a Oblast de Múrmansk.