(bg) Черно море (uk) Чорне море (ro) Marea Neagră (tr) Karadeniz (ka) შავი ზღვა (ab) Амшын Еиқәа (grc) Εὔξενος Πόντος (el) Μαύρη Θάλασσα (la) Pontus Euxinus (ru) Чёрное море | ||||
Tipo | mar interior conca fluvial | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Negro | |||
Parte de | océano Atlántico Norte área do mar Mediterráneo | |||
Localización | ||||
País da cunca | Bulgaria, Xeorxia, Rusia, Romanía, Turquía e Ucraína | |||
| ||||
Comparte fronteira con | República Autónoma de Crimea Bulgaria | |||
Conéctase con | Mar de Mármara | |||
Composto por | ||||
Efluente do lago | Bósforo | |||
Características | ||||
Profundidade | 2.206 m | |||
Dimensións | 1.175 () km máximo: 600 () km | |||
Perímetro | 3.400 km | |||
Superficie | 436.402 km² | |||
Área importante para as aves | ||||
Dardanelos | ||||
Identificador | çanakkale-strait-iba-türkiye | |||
| ||||
Área importante para as aves | ||||
Bósforo | ||||
Identificador | bosphorus-iba-türkiye | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 547.000 km³ | |||
O mar Negro (en latín Pontus Euxinus, abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar situado entre a Europa Oriental e a Asia Occidental. Atópase encerrado entre os Balcáns, a estepa póntica, Crimea, o Cáucaso e a península de Anatolia. O estreito do Bósforo conéctao co pequeno mar de Mármara, e o estreito dos Dardanelos conecta ao mar anterior co mar Exeo, que é unha división do mar Mediterráneo. Tamén está conectado co mar de Azov,[1] situado ao nordés, polo estreito de Kerch. O mar Negro forma unha depresión elíptica cunha pendente de leste a oeste, e ten unha superficie de 436 400 km² (sen incluír o mar de Azov), unha profundidade máxima de 2212 m e un volume de 547 000 km³.[2][3][4] Os países ribeiregos do mar Negro son, empezando polo sur e en sentido horario, Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia (o Krai de Krasnodar, o Óblast de Rostov e Crimea), e Xeorxia. [5]
Está delimitado polos montes Pónticos ao sur e polas montañas do Cáucaso ao leste, e conta cunha ampla meseta ao nordés. A súa maior lonxitude de leste a oeste é de 1 175 km. Entre as cidades importantes das súas costas están: Batumi, Burgas, Constancia, Giresun, Hopa, Istambul, Kerch, Mangalia, Năvodari, Novorossiisk, Odesa, Ordu, Poti, Rize, Sinope, Samsun, Sebastopol, Sochi, Sozopol, Sukhumi, Trebisonda, Varna, Ialta e Zonguldak.
Existe unha saída neta de auga de 300 km³ ao ano a través do Bósforo e do estreito de Dardanelos cara ao mar Exeo, mentres que a auga do Mediterráneo discorre cara ao mar Negro como parte dun camiño de ida e volta de intercambio hidrolóxico. O fluxo que sae do mar Negro é máis frío e menos salino, e o fluxo que entra desde o Mediterráneo é máis cálido e salino, polo que este fluxo é o resultado dos cambios de densidade causados pola diferente salinidade, o que dá lugar a unha gran cantidade de auga anóxica a 150 m baixo a superficie, que teñen a particularidade de descompoñer os barcos afundidos fabricados en ferro pero non así os barcos de madeira.[6] O mar Negro tamén recibe auga do gran sistema fluvial de Eurasia polo norte do mar. Os ríos que lle achegan máis auga son o Danubio, o Dnister, o Dniéper e o Don.
Os niveis de auga deste mar variaron significativamente ao longo da historia. Debido a estas variacións do nivel da auga na conca, os límites actuais deste mar foron ás veces bancais xeolóxicas secas. Cando se dan determinados niveis de auga elevados é posible que o mar se conecte con outras augas próximas para estabilizarse. É a través dunha destas rutas de conexión máis activas, o estreito turco, onde este mar conéctase cos océanos do mundo. Cando esta ligazón hidrolóxica non está presente, o mar Negro transfórmase nunha conca endorreica que opera de forma independente do sistema global dos océanos, como é o caso do mar Caspio. O estreito turco conecta o mar Negro co Exeo, e abarca o Bósforo, o mar de Mármara e o estreito de Dardanelos.