Mar de Andaman

Modelo:Xeografía físicaMar de Andaman
Imaxe
Tipomar marxinal Editar o valor en Wikidata
EpónimoIllas Andamán Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaIndia, Malaisia, Tailandia, Indonesia e Myanmar Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°N 96°L / 10, 96
Afluentes
Características
Profundidade3.777 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións650 (ancho) km
Superficie798.000 km² Editar o valor en Wikidata

O mar de Andaman[1] (en birmano မုတ္တမ Mottama, en tailandés ทะเลอันดามัน Thale Andaman, en malaio e indonesio Laut Andaman); tamén chamado mar de Birmania, é un sector do océano Índico situado ao sueste do golfo de Bengala, ao sur de Birmania, ao oeste de Tailandia e ao leste das illas Andaman, das que toma o seu nome. Ten uns 1.200 km de norte a sur e 650 km de leste a oeste, formando unha área de 797.700 km². A súa profundidade media é de 870 metros e a máxima chega aos 3.777 metros. O principal río que desemboca nas súas augas é o Irawady.

No seu extremo sueste, o mar de Andaman comunícase co mar da China Meridional a través do estreito de Malaca, que separa a illa de Sumatra da península Malaia.

  1. Definición de andamanés, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne