Tipo | former lake (en) ![]() Lago salgado lago ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | área do mar Mediterráneo ![]() | |||
Localización | ||||
País da cunca | Kazakhstán, Uzbekistán, Afganistán, Turkmenistán e Tadjiikistán ![]() | |||
División administrativa | Kazakhstán ![]() | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Altitude | 31 m ![]() | |||
Profundidade | máximo: 42 m Media: 8,7 m ![]() | |||
Dimensións | 284 (![]() ![]() | |||
Superficie | 8.303 km² 68.000 km² ![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 690.000 km² ![]() | |||
O mar de Aral é un mar interior da Asia Central, situado entre os 53° e os 56° de latitude norte e entre os 58° e os 62° de lonxitude leste. Está situado entre Kazakhstán ao norte e Uzbekistán ao sur, é un grande lago de auga doce que estivo considerada como a cuarta extensión de auga doce da Terra.
A inicios do século XXI atópase en grave degradación ao ser desviada durante décadas a auga dos dous ríos tributarios, Amur Daria e Sir Daria, con fins agrícolas, o que provocou que perdese unha gran parte da súa superficie e maior aínda do seu volume de auga.
En 1960 cubría 68 000 km²[1], sendo o 4º maior lago do mundo. En 2000, a súa superficie xa estaba dividida en dúas partes. A separación entre o Pequeno mar ao norte e o Grande mar ao sur data de 1989. A evolución actual predí a desaparición total do segundo por volta de 2025.