Genus Marburgvirus | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Especie tipo | |||||||||||
''Marburg marburgvirus'' | |||||||||||
Virus membros (Abreviación) | |||||||||||
Marburgvirus é un xénero de virus clasificado na familia Filoviridae, orde Mononegavirales,[1] que inclúe unha única "especie", o Marburg marburgvirus, que á súa vez contén dous "virus" de forma filamentosa, o virus Marburg (MARV, Marburg virus) e o virus Ravn (RAVV, Ravn virus). Ambos os dous causan unha febre hemorráxica moi grave, que afecta a humanos e outros primates, e considéranse Axentes selectos,[2] patóxenos do grupo de risco 4 da Organización Mundial da Saúde (que requiren un nivel 4 de bioseguridade),[3] e patóxenos prioritarios de categoría A dos Institutos Nacionais da Saúde/Instituo Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos,[4] e axentes de bioterrorismo de categoría A para os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos,[5] e están na lista de Axentes Biolóxicos parra o Control de Exportación do Grupo Australia.[6]
O nome Marburgvirus deriva da cidade de Marburg en Alemaña (onde se descubriu o virus Marburg) coa terminación virus propia dos xéneros.[1] Os membros do xénero denomínanse marburgvirus.[1] O xénero Marburgvirus, segundo as regras de nomenclatura do ICTV, vai sempre con maiúscula e cursiva precedida da palabra "genus". O nome da especie Marburg marburgvirus vai tamén con maiúscula e cursiva e nunca abreviada, e precedida da palabra "species". O nome dos virus membros da especie van con maiúscula pero non en cursiva.