![]() (1982) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1951 ![]() Arisdorf, Suíza (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans ![]() |
|
Familia | |
Cónxuxe | Christina Surer (1997–2000) Jolanda Egger (1986–1993) ![]() |
Marc Surer, nado en Arisdorf o 18 de setembro de 1951 é un ex piloto de carreiras suízo. Participou en 88 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 9 de setembro de 1979. Anotou un total de 17 puntos no campionato.
Márc Surer gozou do apoio de BMW á maior parte da súa carreira, logrou o segundo lugar no campionato de F2 de 1978 e gañouno en 1979 cun March-BMW oficial. Os primeiros anos na F1 de Marc foron algo problemáticos, rompeu as pernas probando un ATS en Kyalami en 1980, e de novo correu alí en 1981 cun Ensign. Marc Surer fichou por Arrows, pero os seus contactos en BMW levárono a Brabham en 1985, para regresar a Arrows cando adquiriron motores BMW.
Marc Surer tamén correu en rallies, pero un grave accidente no ADAC Hesse-Rallye de 1986 no seu Ford RS200 deixouno gravemente ferido e matou o seu compañeiro de equipo e amigo Michel Wyder. BMW retívoo como adestrador de pilotos e máis tarde como director das actividades dos deportes de motor, segue estando profundamente involucrado co deporte, a través dun grande interese na F2 histórica. Desde 1996 traballa como comentarista de televisión de todas as carreiras de Fórmula 1 para Sky Sport (Alemaña), xunto co comentarista principal Jacques Schulz