![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) Marcela Lagarde y de Los Ríos ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de decembro de 1948 ![]() Cidade de México ![]() |
![]() | |
Lexislatura: LIX Legislature of the Mexican Congress (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | National School of Anthropology and History (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Cidade de México ![]() |
Ocupación | Antropóloga, escritora, feminista, profesora, política |
Partido político | Partido da Revolución Democrática ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
María Marcela Lagarde y de los Ríos, nada en Cidade de México o 30 de decembro de 1948, é unha académica, antropóloga e investigadora mexicana, especializada en etnoloxía, representante do feminismo latinoamericano. O feminismo, segundo Lagarde, constitúe unha afirmación intelectual, teórica e xurídica de concepcións do mundo, modificacións de feitos, relacións e institucións.[1] Asociada fundadora da Rede de Investigadoras pola Vida e a Liberdade das Mulleres, é o maior referente do feminismo en Latinoamérica. Activista e teórica, dedicouse ao estudo antropolóxico da condición feminina, realizou diversas publicacións non impresas, tratando temas como o cativerio, coidado, sexualidade, amor, poder, traballo, violencia, subxectividade, relixión, dereito, maternidade, sororidade etc.[2] É autora de numerosos artigos e libros sobre estudos de xénero, feminismo, desenvolvemento humano e democracia, poder e autonomía das mulleres etc.