![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (la) Marcus Vitruvius Pollio ![]() c. 80 a. C. ![]() República Romana ![]() |
Morte | c. 15 a. C. ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Italia ![]() |
Ocupación | arquitecto, escritor ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano e República Romana Tardía ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século I a. C. ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Marco Vitruvio (Marcus Vitruvius Pollio) foi un arquitecto romano que viviu no século I a.C. Non se coñece con exactitude cando existiu, mais tense calculado o seu nacemento arredor do 90 a.C, e o pasamento sobre o ano 20 d.C.
Logo de ter sido soldado na Galia, en Hispania e en Grecia , foi tamén construtor de aparellos bélicos. Fíxose arquitecto en Roma. Conta de si mesmo que non é alto e que lamenta os estragos da idade. A súa prosa, á vez técnica e imaxinativa, implica esencialmente o uso de frases curtas, con vocabulario que semella ter sido o dos artesáns.
Vitruvio foi a un tempo un vulgarizador e un compilador; ténselle atribuído a invención do módulo quinario da construción de acuedutos; porén non é senón o depositario dunha tradición xa antiga.