![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Marge Simpson | |
---|---|
Personaxe de The Simpsons | |
Información | |
Dobraxe | Julie Kavner |
Sexo | Feminino |
Ocupación | Dona de casa |
Parentes achegados | Pais: Clancy e Jacqueline Irmáns: Patty e Selma Fillos: Bart, Lisa e Maggie Esposo: Homer Familia Simpson |
Aparicións | |
Curtametraxes | "Good Night" (1987) |
Primeira aparición | "Simpsons Roasting on an Open Fire" (1989) |
Marjorie Jacqueline "Marge" Bouvier-Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. É a esposa de Homer e os seus fillos son Bart, Lisa e Maggie. Ten un notable protagonismo e complexidade na serie, aínda que é un dos personaxes principais con menos popularidade.
Marge foi concibida polo caricaturista Matt Groening e debutou na televisión o 19 de abril de 1987, na curtametraxe de debuxos animados titulada "Good Night" do programa de variedades The Tracey Ullman Show.