Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Brian Hugh Warner 5 de xaneiro de 1969 (56 anos) Canton, Estados Unidos de América |
Outros nomes | Marilyn Manson |
Educación | Broward College (pt) GlenOak High School (en) Heritage Christian School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión, guionista de cinema, produtor de cinema, actor de videoxogo, guitarrista, cantante, autobiógrafo, letrista, pintor, compositor, actor de dobraxe |
Período de actividade | 1989 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Metal alternativo, Metal industrial, Gothic metal, Glam rock, shock rock (pt) , Rock industrial e hard rock |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Voz, baixo, guitarra, Saxofón e piano |
Selo discográfico | Cooking Vinyl Nothing Records Interscope Records |
Familia | |
Cónxuxe | Dita Von Teese (2005–2007) |
Parella | Esmé Bianco (2009–2013) Evan Rachel Wood |
Sitio web | marilynmanson.com |
|
Brian Hugh Warner, coñecido como Marilyn Manson, nado en Canton (Ohio) o 5 de xaneiro de 1969 é un cantante, compositor, actor, escritor, pintor e director de cine estadounidense, coñecido pola súa personalidade e a súa imaxe controvertidas como vocalista e líder da banda de metal industrial Marilyn Manson. O seu nome artístico formouse a partir dos nomes da actriz Marilyn Monroe e do convicto Charles Manson.[1][2]
Apareceu nalgunhas películas como Jawbreaker, Lost Highway de David Lynch e Party Monster, e en series como Sons of Anarchy. Non só se dedica á música, senón tamén á pintura. Figura no lugar número 44 na lista dos 100 mellores vocalistas de metal de todos os tempos, segundo Hit Parader. Manson ademais foi certificado polo IFPI como un dos 100 artistas máis exitosos de todos os tempos e ostenta un posto entre os cinco artistas do metal industrial máis exitosos, certificando 50 millóns de discos vendidos. Manson ten o seu alter ego andróxino chamado "Omega" que apareceu no seu álbum de estudio "Mechanical Animals".